Conservatorio Histórico Novedades

CURSO PANDEIRETA

CURSO PANDEIRETA

A pandeireta é un dos intrumentos máis coñecidos e divulgados da tradición musical galega sen dúbida algunha. Con todo, apenas existen métodos ou técnicas modernas aplicadas. Por iste motivo este curso trata de suplir esta eiva histórica inherente ao instrumento. 

Mostrarase (aportando 16 pandeiretas diferentes) novos recursos, tanto propios como  alleos, a un dos instrumentos máis extendidos en Galicia. Preténdese ensinar unha nova maneira de tocar a pandeireta galega, acorde cos tempos que vivimos.

Novos e vellos toques e recursos, que tamén son susceptibles de transcrición e partitura, actualizarán a maneira de tocar de aqueles que xa coñecen o instrumento, e tamén de aqueles que comezan de novo.

Cada alumno quedará coa documentación gráfica (fotos e partituras) ao rematar o curso.

Os alumnos terán a posibilidade de tocar con dezaséis pandeiretas diferentes (tamaño, construción, artesáns...).

Durante o curso aprenderase a tocar melodías con esta técnica, sobre música grabada, e a ler partituras para pandeireta.

Prezo do curso: 60€

0:00
0:00
Loading